Arcos da Condesa, a Entidade onde os seus veciños non teñen franxas horarias

Arcos da Condesa ten alcalde pedáneo e, aínda que pertence ao municipio de Caldas de Reis – de 9.785 habitantes – , non está suxeita ás restricións horarias para que os seus veciños maiores de 14 anos saian a pasear ou a facer deporte. Poden facelo de 6:00 a 23:00 horas. Por que? Porque Arcos da Condesa é unha Entidade Local Menor con menos de 5.000 habitantes, aínda que está nun municipio que supera ese umbral.

Francisco Alonso é o presidente da Entidade ou alcalde pedáneo dende fai dez meses. É, aos seus 28 anos, un dos rexidores máis xóvenes de España. A pandemia apenas alterou a vida nesta aldea de pouco máis de 400 habitantes e nove núcleos de poboación. “A día de hoxe, e que sepamos, non tivemos ningún caso de coronavirus. En Caldas sí houbo algún”, relata Francisco, quen aplaude o comportamento dos seus veciños.

“O confinamento aquí estase respetando bastante ben. Nós non temos policía nin funcionarios no edificio da Entidade, así que o control corresponde á Policía Local de Caldas de Reis ou á Garda Civil. Se vemos algunha barbaridade os temos que avisar”, explica o alcalde pedáneo, que di que esa situación, ata agora, non se deu.

Fonte: La Voz de Galicia