Camiño Portugués

A peregrinación a Santiago de Compostela dende Portugal toma relevancia a partires da independencia do país luso a mediados do século XII, aínda que é posible a súa existencia xa na época alto medieval.

O Camiño Portugués, no seu treito interior cara o norte, herda vías e camiños antiguos que atravesan bosques, canles de auga (algunhas con pontes de trazo medieval), zonas con terras de labor, aldeas, vilas e cidades. Así mesmo, destaca nestes camiños a presenza de petos de ánimas ou capeliñas, cruceiros, capelas, igrexas ou mosteiros.

Un dos camiños antigos dos que fai uso é a Vía XIX, vía romana construida no século I d.C. para unir Braga con Astorga, a través da Ponte de Lima, Tui, Pontevedra, Santiago e Lugo, constituíndo así unha das calzadas romanas máis importantes que vertebrou a Gallaecia. Así mesmo, existe una variante deste camiño pola costa, que cruza o río Miño pola Guarda e conflúe coa variante interior en Redondela.

O Camiño Portugués, cunha lonxitude de 118,6 km e dificultade media-baixa, divídese en seis etapas:

ETAPAS LONXITUDE (km) DIFICULTADE DURACIÓN
Tui – O Porriño 18,3 Baixa 3 h y 40 min.
O Porriño – Redondela 15,6 Baixa 3 h y 10 min.
Redondela – Pontevedra 18,2 Media 4 h y 35 min.
Pontevedra – Caldas de Reis 23 Media 5 h y 45 min.
Caldas de Reis -Padrón 18,7 Media 4 h y 40 min.
Padrón-Santiago de Compostela 24,8 Baixa 5 h

O treito do Camiño Portugués que pasa por Arcos da Condesa comeza xunto o rego de Porto (límite entre a parroquia de Arcos da Condesa e a de Briallos) e forma parte da etapa número catro (Pontevedra-Caldas de Reis), con 23 km de lonxitude, dificultade media e 5 horas e 45 minutos de duración. Nesta etapa sucédense os cruces e serpenteos do Camiño coa estrada N-550 e a nova vía férrea de alta velocidade.

Albergue público de Briallos

Nas proximidades do treito do Camiño ao seu paso por Arcos da Condesa atópase o albergue público de Briallos (Concello de Portas), situado a 500 m da estrada N-550. Dende esta localización ata Caldas de Reis, o peregrino percorre una lonxitude de 4,8 km, cunha dificultade media, alternando vías de terra con pistas alfastadas, durante 1 hora e 15 minutos.

Por Arcos da Condesa, o peregrino camiñará aproximadamente 2 km, que coinciden coa Vía Romana XIX e poderá contemplar, se continua polo treito orixinal, o peto de ánimas ou capeliña de Santa Lucía e a capela que rinde culto á mesma santa. No pórtico desta capela, da que xa se coñece a súa existencia no ano 1607, descansaban os peregrinos, como relataba o señor Félix Barreira Rodríguez, veciño da parroquia. Ao longo do recorrido por Arcos (alterado a finais do ano 2018 para evitar o paso a carón da N-550), atópanse os fitos: 49,580 km, 48,380 km, 47,830 km e 47,450 km. Co cambio de trazado colócanse estes novos fitos, quedando fóra do novo treito tanto o peto das ánimas como a capela de Sta. Lucía no lugar do Ameal.

Trazado do Camiño Portugués a su paso pola Entidade Menor

Trazado actual

Trazado original

Ubicación Peto de ánimas

Ubicación Capela de Santa Lucía