Corporativos da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

Composición e competencias

Como resultado das eleccións municipais do día 26 de maio de 2019, a actual Xunta Veciñal, que rixe a Entidade Local Menor, está constituída por cinco membros, que desempeñan as funcións do seu cargo sen retribución, unha característica que define a este organismo público ao longo da súa historia.

Presidente Alcalde Pedáneo: Jose Francisco Alonso Gómez (PP)

Vogais:

  • Alicia Iglesias Feijóo (PP)
  • Joaquín Antonio Rivas Ríos (PP)
  • Fernando Sabarís Silva (P.S. de G. PSOE)
  • José Ortigueira López (P.S. de G. PSOE)