Volven as clases da E.I.P.G. Suso Vaamonde de Arcos da Condesa na modalidade on line

Debido á situación na que nos atopamos como consecuencia do Covid-19, as clases presenciais serán substituídas pola modalidade on line os meses de xuño e xullo de 2020 para quen desexe seguir aprendendo a tocar os instrumentos nos que teña interese.